Teléfonos: 982435125
                  982428001

SITUADO NO BAIXO DO AUDITORIO MUNICIPAL
RÚA REAL S/N

INSTALACIÓN ADAPTADA A PERSOAS CON DISCAPACIDADE.


HORARIO PERMANENTE DO MUSEO ETNOGRÁFICO MUNICIPAL DE QUIROGA

-Luns a venres:
.Mañá: 13 - 14 horas.
-Sábados, domingos e festivos
.Mañá: 12-13 horas.


Cita previa para grupos e horarios especiais con guía, consultar na Casa de Cultura ou no teléfono 982435125


AS INSTALACIÓNS DO MUSEO.

As instalacións do Museo Etnográfico Municipal de Quiroga emprázanse na planta baixa do Auditorio Municipal, inaugurado en xullo de 2003. Dende a apertura desta instalación o goberno municipal tiña a idea de converter, os preto de 600 m2 do mencionado baixo, nun museo. O que nun principio era unha idea, concretouse o 24 de marzo de 2007, coa apertura ó público deste novo servicio municipal dedicado a recuperar, aglutinar, espallar e polo tanto, protexer o patrimonio cultural en tódalas súas facetas.
 
Zona de recepción dos visitantes.
 
Panorámica da sala principal.
 
Panorámica da sala principal.

A PRODUCCIÓN TÉXTIL

A producción téxtil ten unha importante tradición nas terras do Concello de Quiroga, sobre todo, nas parroquias das áreas de montaña; especial sona acadaron as artesanas de Vieiros na parroquia da Seara. A transformación da la e o liño en fío e despois en roupa ou pezas de cama, supoñen un proceso complexo e inxenioso que na actualidade está completamente perdido. A maxia das tecedeiras foi desaparecendo coa transformación da vida e a súa habilidade vai quedando reducida a pequenos espacios nos museos.

Vista da sala dedicada á producción téxtil.

Tear tradicional.



Novos lizos para o tear do Museo Etnográfico de Quiroga.

Fuso tradicional.
video

A BODEGA

A cultura do viño sempre estivo estreitamente ligada ó Concello de Quiroga. A elaboración artesanal deste producto sempre formou parte da vida cotiá das xentes da nosa bisbarra. As vides, do mesmo xeito que as oliveiras e os castiñeiros, intégranse nunha paisaxe singular e chea de contrastes.

Vista da bodega tradicional.

Vista da bodega tradicional.

O MUÍÑO DE ACEITE

Un dos productos singulares do Concello de Quiroga, debido ó seu clima especial, é o aceite. A obtención artesanal deste producto pérdese na memoria dos tempos e achéganos mesmo ata o paso dos romanos por estas terras.
Tendo en conta a orixinalidade do aceite de Quiroga, un dos grandes retos para o museo etnográfico foi contar nas súas instalacións coa maquinaria dun muíño. A empresa non foi pequena pero agora podemos ofrecer ós nosos visitantes a posibilidade de contemplar unha almazara con tódalas súas pezas en funcionamento. Non se trata simplemente da exposición das pezas dun vello enxeño, é un muíño de aceite listo para funcionar...

Muíño de aceite.

Pía, decantadora, prensa, seiróns...


Aceite de Quiroga.

A FRAGUA. SALA AGAPITO VILA RODRÍGUEZ.


A tradición do ferro sempre foi grande en Quiroga con numerosas ferrerías emprazadas no seu territorio, aproveitando os numerosos cursos de auga que baixan bravos dende os cumios montesíos. Hoxe só quedan pegadas dispersas da súa existencia, pero dende o século XVII funcionaron en terras de Quiroga as factorías de: O Mazo, Roxa Longa entre Vilarbacú e Outeiro, Paleiras en Pacios da Serra, A Gorgueira en Paradaseca, Rugando, Quintá e a Rodela. A meirande parte do mineral que beneficiaban as ferrerías proviña da vea do monte Formigueiros.

Restos da Ferrería de O Mazo.


Vea de ferro entre o monte Formigueiros e o lugar de Vieiros.

Tendo en conta a grande cantidade de ferro transformado nestas protoindustrias metalúrxicas, resulta doado explicar que en cada aldea existira, cando menos, unha fragua, na que se obtiñan todo tipo de aparellos fabricados, con grande habilidade polos ferreiros, con este metal.

A Sala dedicada a Agapito Vila Rodríguez, reproduce fielmente unha forxa tradicional, na que poden verse dende o barquín que alimenta o lume, ata un impresionante trade para ferro, ademáis dunha completísima coleccion de aparellos procedentes dos ferreiros das distintas parroquias do Concello de Quiroga.

A fragua, sala Agapito Vila Rodríguez.


Colección de aparellos fabricados polos ferreiros.

Colección de aparellos fabricados polos ferreiros.




A CASTAÑA


Castiñeiros do val, meus castiñeiros
orfos, vellos, calados e retortos,
co toro podrecido, os brazos tortos,
alá embaixo no río e nos outeiros.

Estades desamparados e tristeiros,
sodes medio pantasmas, medio mortos
e, anque mucharon árbores e hortos,
non fumegan sequeiros en Sequeiros.
Fóronvos espulsando pouco a pouco,
fóronvos desterrando paso a paso
e acabarán quitándovos a vida.
A penas sodes nada. Só salouco
ou pinguiña de seiva envellecida
que, amargamente, agarda o seu ocaso.
Manuel María. Sonetos ao val de Quiroga.



Isaura Silvelo na caniceira. Outeiro 1981.


Os castiñeiros, noutro tempo matadores da fame nestas terras, seguen chantados nos seus melancólicos soutos, mais xa non teñen a importancia pretérita. Non podían faltar nestas instalacións un espacio adicado o proceso de secado da castaña e a súa evolución: caniceira, pisón, bandoxo, ... son elementos que a xente non esquece.

O proceso de secado das castañas.