A CASTAÑA


Castiñeiros do val, meus castiñeiros
orfos, vellos, calados e retortos,
co toro podrecido, os brazos tortos,
alá embaixo no río e nos outeiros.

Estades desamparados e tristeiros,
sodes medio pantasmas, medio mortos
e, anque mucharon árbores e hortos,
non fumegan sequeiros en Sequeiros.
Fóronvos espulsando pouco a pouco,
fóronvos desterrando paso a paso
e acabarán quitándovos a vida.
A penas sodes nada. Só salouco
ou pinguiña de seiva envellecida
que, amargamente, agarda o seu ocaso.
Manuel María. Sonetos ao val de Quiroga.



Isaura Silvelo na caniceira. Outeiro 1981.


Os castiñeiros, noutro tempo matadores da fame nestas terras, seguen chantados nos seus melancólicos soutos, mais xa non teñen a importancia pretérita. Non podían faltar nestas instalacións un espacio adicado o proceso de secado da castaña e a súa evolución: caniceira, pisón, bandoxo, ... son elementos que a xente non esquece.

O proceso de secado das castañas.