O PENDELLO

As xentes de Quiroga, sempre tiveron unha estreita vinculación coa agricultura e a gandería. Tanto nas parroquias da montaña, como no propio val, o traballo no campo e a cría de gando, supuxeron a base fundamental para o sustento dos quirogueses.
Na actualidade, a realidade e ben distinta; a diminución e o notable avellentamento da poboación no medio rural, a progresiva concentración dos veciños na vila de Quiroga e a aparición de novas fontes de ingreso, entre outros factores, fixeron que a actividade agro-gandeira reducira a súa importancia ou desaparecera por completo.
Hoxe, salvo casos illados, o único cultivo que mantén a súa relevancia e cobra cada ano maior impulso, é o da vide.
Como non podía ser doutro xeito, os vellos aparellos de labranza foron substituidos polas máis modernas tecnoloxías e os arados de madeira, as rastras, os xugos, os carros dos bois, as angarillas, etc, quedaron no esquecemento.
Nesta sala denominada "O Pendello", que non faltaba en ningunha casa; recupérase boa parte dos elementos que noutro tempo foron unha parte salientable da vida cotiá da meirande parte dos veciños.


O pendello.


O pendello.